2 de setembro de 2010

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TEO

 


Home / Os Socialistas de Teo / Grupo Municipal / Membros do Grupo Municipal de Teo

Grupo Municipal

Membros do Grupo Municipal de Teo

Estes son os integrantes na actualidade do Grupo Municipal Socialista tras as eleccións municipais de maio de 2007

 

JANO LEIS

Alexandre Leis Carlés, catedrático de Lingua e Literatura españolas no IES de Teo, vive en Parque Montouto. Ten dous fillos. Foi director de varios institutos de ensino secundario. Milita no Partido Socialista dende hai 30 anos. Ocupou diversos cargos na Comisión Executiva Nacional do PSdeG-PSOE e foi secretario xeral da Agrupación Socialista de Santiago. Actualmente é secretario xeral da agrupación Socialista de Teo, membro do Comité Nacional do PSdeG-PSOE. Foi delegado provincial de Cultura, Xuventude e Deportes no goberno tripartito, membro do Consello Asesor da TVE-Galicia, do Consello de Administración da CRTVG e do Consello Social da Universidade de Santiago. É, asemade, socio colaborador de Greenpeace e Ayuda en Acción e membro activo da asociación cívico-social Pola Esquerda.

 

CARLOS REGO JORGE

Vive en Solláns (Calo), onde naceu. Está casado e ten unha filla. Foi membro da Xunta Directiva da AA.VV. "A Baiuca" de Solláns. Rego é director financeiro dunha empresa de revestimentos de pedra en Santiago de Compostela. Militante socialista e portavoz do Grupo Municipal Socialista.

 

 

SANDRA RIVEIRO CARRO

 

Nace no ano 1977. Vive no lugar do Sebe que pertence a parroquia de Cacheiras. Estudiante de Xeografía na Universidade de Santiago de Compostela. Dentro da Executiva Teense do PsdeG  responsabilizase da Secretaría de Movementos Sociais.

 

 

MANUEL RAMA LESTA

 

Vive no lugar de A Torre - Cacheiras. Albanel. Ex presidente e fundador de AA.VV. "A Canteira" e Ex presidente do C.F. Cacheiras. Na actualidade é Presidente de Honra da Agrupación Socialista de Teo-

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Edificio "A Gaiteira" baixo (rotonda da curva da Gaiteira) 15886 Cacheiras - Teo (A Coruña)
Tfno.: 981802863 / 650330141
E-mail: teo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera